As travesías propostas complementan o Camiño de Santiago daquelas persoas que queiran combinar a navegación coa peregrinación a pé

Unímonos a O teu Xacobeo, o proxecto para poñer en valor o Camiño de Santiago da Xunta de Galicia, e presentamos dúas rutas marítimas pola Travesía Náutica Xacobea; nas que se mistura a difusión da cultura, a gastronomía e a historia de Galicia. O teu Xacobeo está cofinanciado pola Xunta de Galicia.

Dous barcos de vela, con tripulación a bordo, partirán de Baiona ou Vigo, segundo a modalidade escollida – viaxes de 1 ou 2 días – e atracarán nos portos de Sanxenxo ou O Grove, con paradas no Parque Nacional das Illas Atlánticas -Islas Cíes ou Illa de Ons- e Cangas, dependendo das preferencias dos peregrinos. As posibilidades das rutas tamén inclúen a oportunidade de durmir a bordo e volver ao punto de partida – para aqueles que queiran retomar o camiño a pé onde o deixaron-. Estas travesías representan a oportunidade de facer un tramo descoñecido do Camiño de Santiago.

O teu Xacobeo

O teu Xacobeo é un proxecto da Xunta de Galicia, que abrangue a difusión da cultura, o patrimonio, a gastronomía, o deporte e a arte de Galicia co fin de promover o Xacobeo 2021. A área desta iniciativa centrada nas actividades náuticas, ten como obxectivo promover o turismo náutico galego e promover os seus portos deportivos. Pretende tamén diversificar a peregrinación masiva a pé e ofrecer unha forma alternativa para vivir o Camiño.

Máis información sobre a iniciativa na páxina web da Xunta de Galicia e na web Xacobeo 2021

nueva ruta