Preguntas frecuentes

Están incluídas as comidas?

 No caso de seleccionar a opción de travesía de 2 días, tamén se incluirá almorzo e cea. Rógase que os pasaxeiros con alerxias ou restricións alimentarias, o avisen durante a reserva.

Dase a opción de contratar adicionalmente un xantar degustación. 

Recoméndase levar snacks, froita ou bebidas para os tempos entre comidas.

Que non está incluído no prezo?

Traslados ao porto de saída e dende o porto de chegada. En calquera caso, coméntanos as túas dúbidas.

Hai gastos adicionais?

Non. Ao tratarse dunha travesía con tripulación a bordo, os amarres, o combustible e outros gastos inclúense no prezo final. Así como a limpeza do veleiro despois da navegación.

Hai utensilios a bordo?

Si, o veleiro está totalmente equipado.

Aínda así, aqueles que decidan pasar a noite no barco, deberán levar saco de durmir.

Cal é o equipamento ao aire libre?

Os pasaxeiros poderán gozar dunha plataforma e unha escaleira de baño, así como dun balcón de proa, pescantes e unha mesa de bañeira.

É necesario saber navegar?

Non, as excursións inclúen un patrón, que asumirá a responsabilidade de pilotaxe e actuará como guía a bordo.

Que recomendacións hai para os navegantes principiantes?

Aconsellámosche que leas a nosa publicación Vida a bordo, pero sobre todo, que o pases ben!

Pódese navegar con nenos?

Por suposto, os nenos poden navegar. De tódolos xeitos, recoméndase reforzar a seguridade e non perdelos de vista en ningún momento.

Cal é o procedemento de embarque?

Unha vez confirmados os horarios e asinado o contrato, recoméndase puntualidade para evitar atrasos na saída (sería conveniente chegar uns 15 minutos antes). Na embarcación explicarase toda a información de seguridade, ademais das súas características técnicas.

A tripulación a bordo responderá tódalas dúbidas que poidan xurdir.

Cal é a conexión destas rutas marítimas co Camiño de Santiago?

As travesías propostas implican a posibilidade de facer o Camiño de Santiago dun xeito orixinal, complementando a camiñata coa navegación.

É unha iniciativa para ampliar a oferta da peregrinación masiva a pé e ofrecer un xeito alternativo de gozar dos puntos clave do camiño.

Podo obter a Compostela se inclúo esta travesía no meu Camiño de Santiago?

A Compostela, acreditación de que un peregrino realizou o Camiño de Santiago, outórgase a quen realiza a peregrinación no sentido cristián -devoción afectuosa, votada ve / pietatis causa- á catedral de Santiago de Compostela.

As nosas rutas non supoñen máis de 20 millas náuticas en total e terían que combinarse con outras rutas en barco.

Para realizar a peregrinación por mar e obter a Compostela, é necesario navegar 90 millas náuticas e percorrer os últimos 10 km dende o Monte do Gozo ata a catedral de Santiago.

 Para máis preguntas, escríbenos en info@chartergalicia.es o en Facebook.

Tamén colabora:

Contacta con nós

Falamos?

Actividades

Luns-Domingo
08:00 – 20:00

Contacto

Tes algunha consulta? Escoitámoste

3 + 7 =